HISTORIA

O CLUBE

Corría o ano 1995 cando un grupo de amigos que xogaban xuntos todos os veráns decidiron dar un paso máis e darlle un carácter oficial a aquel grupo, fundando a ‘Asociación Cultura y Deportiva Las Cascas’, que non promocionaría unicamente o fútbol sala, senón que tamén organizaría festas infantís, excursión, campeonatos de tute e máis actividades para todos os seus asociados, principalmente do barrio d’As Cascas.

Na tempada 1996/1997 decídese competir nunha liga federada, e o clube comeza a súa andadura na liga Autonómica Norte (a actual Preferente Norte), xogando nas provincias de Lugo e A Coruña. Todos os comezos son complicados, e para nós non sería menos, pois atopábamonos ante novas situacións: entrenamientos (comezábamos ás 23:30 h), desplazamentos (perdíamonos ás veces) e máis, pero tíñamos moita ilusión por sacar o proxecto adiante.

No ano 2002 comezamos a traballar coas categorías base, onde cómpre realizar unha mención especial a Marcelo ‘Charuto’, precursor desta sección. A partir da tempada 2003/2004, o clube cambia a súa denominación a Troula FS e, a partir da temporada 2007/2008, ante a falta de sponsor, o clube decide engadir o nome da cidade ao seu, pasando a denominarse Troula Betanzos FS.

A categoría máis alta na que competimos foi Primeira División ‘A’ (actual Segunda División ‘B’), ademáis de ter competido en División de Honra Xuvenil durante 3 temporadas consecutivas.

Ademáis, o clube participa en distintos torneos amistosos (Lugo, Burela, Redondela, etc.) e organiza torneos de base (Cidade de Betanzos) e senior (San Roque), así como campus.

PALMARÉS

Categoría senior

1 Campeonato de Terceira División.

2 Subcampeonatos de Terceira División.

2 Campeonatos de Preferente Norte.

1 campeonato Galego.

1 participación na competición Nacional de Campeones de Liga da federación galega de fútbol sala (extinguida actualmente).

Categorías base

Juvenil: 1 campeonato de Liga Galega

Cadete: 1 subcampeonato de Liga Galega

Infantil: 1 subcampeonato de Liga Galega

DISTINCIÓNS E COLABORACIÓNS

Premio Garelos ao deporte na cidade de Betanzos.

Colaboradores de Cruz Roja Betanzos.