Convivencia de Biberón – Nadal 2022

O pasado luns 26 de decembro, os máis pequenos disfrutaron dunha gran xornada de fútbol sala no Pavillón Municipal de Betanzos. Como estaba anunciado, participaron os xogadores da base do Ozacesuras CF, LagoDV Sport, UD Juventud Almeiras, Concello de Begonte FS e Troula Betanzos FS.

Os xogadores e xogadoras disputaron un total de 2 partidos na fase de grupos, máis unhas semifinais e final que levaron aos dous equipos do Troula FS a xogarse ese primeiro posto ante un pavillón cheo de pais e nais animando aos máis pequenos.

Queremos agradecer a todos os equipos a súa participación, e á concelleira María Jesús Regueiro Sánchez a súa predisposición para asistir á entrega de medallas aos participantes.