Finais dos campeonatos galegos celebradas en Betanzos

O pasado fin de semana, o Pavillón Municipal de Betanzos acollía as finais de diversas ligas galegas en varias categorías. Neste gran evento do fútbol sala base a nivel autonómico participarían tanto o Concello de Betanzos coma o Troula Betanzos FS, co fin de lograr un gran día de fútbol sala.

Comezaría o día coa final da categoría Benxamín entre o Ribeira FS e o Cios Vigo FS, onde os lucenses levarían o primeiro trofeo para a casa. A continuación, a categoría Prebenxamín, entre os clubes Saraiba do Mar e IES Coruxo FS farían desfrutar aos pais e afeccionados presentes no Municipal, levantando os vigueses o trofeo na categoría dos máis novos.

Xa pola tarde, a categoría das máis veteranas, a Cadete Feminina, daría o título ao Futsal Morrazo a un segundo do remate do encontro fronte o Poio Pescamar FS. Ás 18:00 comezaría a final que daría o segundo título galego ao IES Coruxo FS, que gañaría a final do campionato Alevín fronte o Cios Vigo FS. E para rematar, a categoría Infantil coroaría ao 5 Coruña FS nunha final de moitos goles, na que vencería ao O Parrulo FS.

Dende o Troula Betanzos FS agradecemos a todos pola colaboración durante este importante evento, en especial á Real Federación Galega de Fútbol pola escolla de Betanzos como sede das finais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.