Participación dos nosos biberóns no Torneo Solidario de Fene

Que ben o pasaron os nosos biberóns no Torneo Solidario en axuda contra o cancro infantil organizado polo Unidade de Fene! Un sábado máxico, cheo de futsal para eles, onde a maioría de peques disfrutaban da primera experiencia en torneos.

Despois de xogar dous partidos con LagodvSport e Santa Mariña, foron premiados cunha medalla polo seu bo facer e bo comportamento dentro e fora da pista. Ademáis, o torneo estivo cargado de sorpresas, agasallos, eventos musicais e máis.

O Troula FS puxo deste xeito a gorra contra o cancro infantil, sendo un dos obxectivos principais do torneo: contribuir con ese pequeno xesto coa asociación Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia. Noraboa, bibes!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.