Acordo de colaboración con Grelo

O Troula Betanzos FS ven de firmar un acordo de colaboración coa empresa betanceira Grelo Comunicaciones SL.

Grelo xa era o noso colaborador en temporadas anteriores, pero quixo dar un paso máis para levar o patrocinio do noso equipo Xuvenil, que milita na Liga Galega.

Dende o Troula Betanzos FS, queremos agradecer a confianza depositada na nosa xestión, e agardamos que esta colaboración se prolongue no tempo, nas vindeiras temporadas!

Moitas grazas!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.