Durante o fin de semana anterior, a base do Troula FS obtivo resultados positivos que se convirtiron en triunfos en distintos campionatos a categorías que estaban a disputar.
Categoría benxamín – Campión do campionato provincial Xogade
Despois de vencer ao ED Os Muidos por 8-6 nas semifinais, e impoñerse por 7-4 na final fronte o Camariñas FS, os nosos rapaces traen para Betanzos o campionato provincial Xogade.

Categoría Infantil – Copa da Coruña
Os rapaces de Esteban e Dani sumaron o triunfo na Copa da Coruña ao vencer nos penaltis ao 5 Coruña FS ‘B’, tras disputar un gran encontro ambos equipos.

Categoría Xuvenil – Ascenso a Liga Galega
Tras unha gran temporada, e eliminar ao Ribeira FS nas semifinais, os nosos xuvenís obtían o ascenso tras remontar a final fronte o Alto do Vento FS, vencendo finalmente por 3-4, e cerrando así a súa chegada á Liga Galega.
